Conceptos básicos...

Na etapa de educación infantil e onde costruimos os cimentos para unha boa aprendizaxe nas etapas posteriores. O que temos que facer é poñer os instumentos necesarios ao alcance do alumnado para poder ter unha aprendizaxe existosa.
Nesta etapa, a manipulación e o xogo deberían ser os protagonistas principais.

Expoñemos unha serie de conceptos básicos que se deben traballar na educación infantil.

Importante destacar que as accións cotidiáns permítennos distinguir, observar e reflexionar sobre diferentes situacións, polo tanto podemos consideralas unha fonte de aprendizaxe.

Pasamos a sinalar cales son estos CONCEPTOS BÁSICOS:
(Agrúpanse segundo o seu contexto)
Conceptos espaciais:  Indican posición e distribución no espacio así como a relación co contorno. Ex: arriba-abaixo, diante-detrás, dentro-fora...
É importante que coñezan e exploren o seu contorno.
-  Conceptos cuantitativos: Indican un factor medible ou cuantificable (expresado de forma numérica, estes son capaces de aumentar ou disminuír). Ex: moito-pouco, maior-menor, grande-pequeno...
Conceptos cualitativos:  Indican un factor calificable. Ex: doce-salado, encendido-apagado, bo- malo...

De estes conceptos desenvólvense de maneira máis complexa: conceptos matemáticos, lóxicos, pensamento crítico...

- Xogos de destreza e intelixencia

   Conceptos: - espacial
                       - temporal
                       - de cantidade
    Psicomotricidade
    Contidos matemáticos
    Contidos de lecto-escritura

Coa psicomotricidade fina fomentamos a coordinación, a sensibilidade e a forza.

Traballamos: - precisión
                        - coordinación óculo-manual
                        - forza controlada
                        - concentración
Importante para a aprendizaxe posterior da escritura.
Para poder escribir precisamos fortalecer os músculos. Colorear, picar, recortar, modelar, insertar, reencher con diferentes materiais, estampar, abotoar son algunhas das actividades nas que ao practicalas estamos a desenvolver estas habilidades.
Insistimos en que é necesario fortalecer dedos e mans para escribir.
Estes son algúns materiais que nos poden axudar a conseguir este obxectivo:
- Pompóns: clasificación según tamaño, cor...
                     conteo
- Pinzas: importante para traballar a presión.
- Gomas
- Tapóns: enroscar-desenroscar.
- Tesoiras
- Punzóns

Estas son actividades previas que son de suma importancia realizar na etapa educativa que nos ocupa para non ter problemas posteriores.

Os xogos de destreza e intelixencia son unha ferramenta moi útil para reforzar dun xeito innovador os conceptos básicos.


IMPORTANCIA DOS CONCEPTOS BÁSICOS:

A aprendizaxe destes conceptos podemos consideralos como un dos contidos fundamentais que se traballan  na etapa da educación infantil, importante para interactuar co contorno e que nos servirán  na aprendizaxe de números e pensamento matemático. (Ao manipular obxectos traballamos: máis grande-máis pequeno, máis largo-máis curto, moito-pouco...).
Polo tanto, esta aprendizaxe, levada a bo porto é de vital importancia para que os nen@s non presenten problemas matemáticos e de lóxica en tarefas futuras, necesarias para a aprendizaxe da lecto-escritura e dos números como xa indicamos anteriormente.
Os nen@s dende os primeiros anos de vida desenvolve o coñecemento lóxico-matemático interaccionando co espazo que o rodea e manipulando os obxectos do seu contorno, deste xeito vai formando novos esquemas mentais e conceptos básicos máis precisos que lle permiten coñecer o mundo que o rodea ao mesmo tempo que se relaciona con el.
A través do xogo adquirimos estes conceptos , xa que este, permítelle ao nen@ ordenar e establecer relacións entre os diferentes obxectos do contorno. E por suposto tamén traballamos a lóxica e o razoamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario