jueves, 30 de abril de 2020

Protagonistas

Os protagonistas virtuais de hoxe son:
Alba(4º inf.), Emma, Ana, Alba (5º inf.), Mateo e Naim.

Así pasaron o seu día Amaia (5º de infantil), Leo e Evan (6º de infantil):

Amaia fixo un teatro con monicreques elaborados durante o confinamento; xogo de carreira con tapóns para poñer a proba: a habilidade, coordinación óculo-manual e motricidade fina; un pouco de exercicio coa bici e hora do conto.

Leo e Evan aproveitaron para dar unha volta en patinete, puxeron a proba a súa creatividade cun xogo de construción imantada, momento de repoñer forzas e celebración, baño facendo pompas de xabón e hora do conto.
Grazas por compartir os vosos momentos. 

Receta



A proposta do día:
"Mens sana in corpore sano"


Hoxe tocan unhas recetas sanas e creativas, deseguido presentámosvolas:



E ademais de facer cociña creativa :
- Escribimos o nome dos ingredientes que precisamos para elaborar o noso plato, contamos cantas letras ten cada palabra, cantas palmadas, vocalizamos, verbalizamos o nome das letras...
- Traballamos conceptos como: máis que-menos que, moitos-poucos, grande-pequeno...
-  Conteo e grafía de ingredientes.
- Facemos un rexistro e imos anotando cantos anacos de fresa, de plátano...
- Podemos facer unha clasificación por tamaño, cantidade, forma, cor...
-  Traballamos os sentidos: gusto, olfato, tacto.

Ah! e non vos esquezades dun pouco de movemento cada día: baile, ioga, circuitos, saltar... o que queirades, pero MOVERVOS.

ANIVERSARIOS ABRIL

Parabéns para todos e todas os que estivéchedes de aniversario neste mes de abril.
Seguro que ainda que foi unha celebración atípica pasástelo moi ben.
Os homenaxead@s son:
ADRIÁN
CRISTIAN
DARÍO
IAGO
UNAI
ESTER
GUILLE
LUCAS
ALBA
ANAIS
ANTÓN
MANUEL
PABLO
ALBA

VALERIA e para tí tamén moitos bicos.

... na casa

Aí van as imaxes que nos achegastes estes días:






Algunhas son moi interesantes, temos como sempre un pouquiño de todo: bingo de sumas, xogos de mesa, cociña, creatividade, TICs, lecto-escritura con pinzas...

miércoles, 29 de abril de 2020

Protagonistas

Mércores 29 de abril, estes son os protagonistas virtuais:
Ainhoa, Ézaro, Amaia, Aina, Manuel e Leo.

Onte, un dos protagonistas foi Xabi de 4º B de infantil e estas son as actividades que fixo no seu día:
Escribiu o seu nome con platilina, buscou as minúsculas (con axuda), teñiu sal con xiz, un pouco de xogo con monopatín e randeeira, repoñer forzas con cereais, barrer un pouco e para rematar a mañá escoitar unhas cancións das letras.
Moitas grazas Xabi 
por compartir con tod@s este día.

EXPOSICIÓN

De seguido convidámosvos á nosa galería particular onde podedes observar as obras de arte feitas por vós e polos vosos compañeir@s.

Benvidos á exposición que leva por título:
"PRIMAVERA"

Título:"Arcoiris de flores"
Autor: Silvia 6º A de infantil

Título: (Sen título)
Autor: Naim 6º B de infantil

Título: "Primavera"
Autor: Enara 6º B de infantil

Título: (Sen título)
Autor: Román 4º B de infantil

Título: ¨Mariposa¨
Autor: Mateo 6º A de infantil

Título: "¡Ya viene la primavera!"
Autor: Xavi 5º B de infantil

Título: (Sen título)
Autor: Kloe 5º A de infantil

Título: ("Hello Spring")

Autor: Iago 6º B de infantil

Título: "Primavera"
Autor: David 6º A de infantil

Título: (Sen título)
Autor: Inés 5º B de infantil

Título: (Sen título)

Autor: Ana 5º A de infantil

Título: sen título
Autores: Erik e Iker 6º  de infantil

Despois de gozar vendo estas marabillas... toca un pouco de traballo.
A actividade para hoxe é escoller un cadro ( o que máis nos gosta, o que nos parece máis orixinal, o máis colorido...) e:
-  Poñémoslle o noso propio título e temos que escribilo ou buscar as etiquetas con esas palabras.
- O mesmo cos materiais empregados nese cadro.
- Nome dos obxectos que aparecen.
- Palmadas das palabras que escribimos.
- Conteo dos iguais.
- Cores empregados.
- Formas.
- ...

De nós para vós...

Encántanos ver todas as fotos que nos enviades e o moito que traballades e aproveitades o tempo nas vosas casas...
Pois ben, agora tócanos a nós enseñarvos o que estamos a facer nas nosas.
Sen máis presentámosvos este vídeo feito con toda a ilusión, desexamos que vos goste.

Dádelle ao "play":
Ánimo que xa queda menos!

martes, 28 de abril de 2020