jueves, 16 de abril de 2020

PRIMAVERA

O reto de hoxe fai referencia á estación do ano na que nos atopamos.
Centrámonos nuns moluscos que se alimentan de plantas e que durante a primavera é fácil observalos nos xardíns e parques, xa que o grao de temperatura e humidade é o adecuado  nesta época para os seus delicados corpos. Estamos a falar do CARACOL.
Deixámosvos a canción:"Eu teño un amigo" 
do álbum - Tan só con leres un libro -
 de MAMÁ CABRA.
Podemos modelar con platilina algúns caracois e flores para traballar un poco a psicomotricidade fina.

E xa que estamos na primavera podemos facer un experimento moi sinxelo, plantar unha lentella ou faba nun vaso de iogur baleiro cun algodón empapado en auga.
Colocámolo ao lado dunha ventana e facemos un seguimento de como vai medrando, ao mesmo tempo que tomamos conciencia do coidado dunha planta.

Podemos ir debuxando a súa evolución, quitar fotos para posteriormente facer unha secuenciación do proceso de crecemento...


Do mesmo xeito que observamos a evolución da nosa planta, tamén podemos facer un rexistro de como vamos medrando durante todo este tempo que non nos vemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario