
A proposta de hoxe é:
Imos a inventar historias...
APUNTÁDESVOS?
Pois poñemos a nosa mente a traballar e creamos unha historia.

Neste día, a iniciativa é facelo con dados (se temos estes dados na casa ben, senón podemos crear uns).
No primeiro lugar tiramos un dado para escoller o protagonista.
Neste caso o protagonista sería un GATO.

Os outros 2 elementos serían unha FLOR e unhas LENTES.
Nesta ocasión eu tería que inventar un conto cun gato como protagonista e no que ademais teñen que aparecer unha flor e unhas lentes...
Pois só vos queda poñer a máquina de crear en funcionamento, facer a vosa tirada... e con eses elementos xa podedes inventar unha historia, facer os debuxos correspondentes e por suposto buscarlle un título e escribilo.
Ánimo... xa veredes que historias máis bonitas creades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario