jueves, 30 de abril de 2020

Protagonistas

Os protagonistas virtuais de hoxe son:
Alba(4º inf.), Emma, Ana, Alba (5º inf.), Mateo e Naim.

Así pasaron o seu día Amaia (5º de infantil), Leo e Evan (6º de infantil):

Amaia fixo un teatro con monicreques elaborados durante o confinamento; xogo de carreira con tapóns para poñer a proba: a habilidade, coordinación óculo-manual e motricidade fina; un pouco de exercicio coa bici e hora do conto.

Leo e Evan aproveitaron para dar unha volta en patinete, puxeron a proba a súa creatividade cun xogo de construción imantada, momento de repoñer forzas e celebración, baño facendo pompas de xabón e hora do conto.
Grazas por compartir os vosos momentos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario