
O reto é...
incentivar a nosa creatividade!
Vamos estimular a inventiva, polo que temos que poñer a traballar a nosa imaxinación e a ver que que obras de arte relacionadas coa primavera conseguimos facer utilizando diferentes técnicas e materiais: pasta, plastilina, pintura, diferente material de refugallo (xornais, revistas, chapas, tapóns, las...).
Aquí deixámosvos unha pequena mostra que atopamos pola rede .
Non nos cabe a menor dúbida de que conseguiredes superalas.
A segunda parte do reto é PEDIR A VOSA COLABORACIÓN para que nos enviedes as vosas creacións primaverais (con título e nome) para poder facer unha "EXPOSICIÓN VIRTUAL".
ANIMÁDESVOS?
Ademais de traballar a creatividade, podemos traballar a lecto-escritura escribindo nun folio os materiais que empregamos e a técnica, inventando un título para a nosa creación e poñendo o noso nome...
Facer unha secuenciación debuxando os pasos que seguimos para realizar a obra.
Podemos traballar texturas cos materiais que utilizamos...
En canto a lóxica-matemática podemos facer conteo e un rexistro dos materiais, cores... que empregamos no deseño, formas...
MOITA SORTE E...
EMPEZAMOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario