viernes, 22 de marzo de 2024

Portadas e contraportadas

Elaboramos a encuadernación para os nosos traballos de mesa deste trimestre. Así de simpáticas nos quedaron...









PORTADA:



CONTRAPORTADA:





miércoles, 20 de marzo de 2024

Sensibilización...

Esta semana dende educación física organizaron diferentes actividades de sensibilización cara as persoas con algunha discapacidade.


O martes 19 

fomos ver a Francisco Boedo,

medallista paralímpico en judo.



O mércores 20 vimos unha actividade co CPAP (centro de promoción da autonomía persoal), monitores e deportistas fixeron unha clase maxistral de dúas especialidades deportistas paralímpicas: Boccia e baloncesto en cadeira de rodas.


👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

lunes, 18 de marzo de 2024

MÁIS DE ALIMENTACIÓN...

 Seguimos traballando a alimentación saudable nas aulas de infantil...

🍉 Un pouco de creatividade...

 Descubrimos a Giuseppe Arcimboldo e facemos retratos con froitas.

🍆 Aprendemos en que consiste o plato de HARVARD...


🍊 Un pouco de lectoescritura a través de xogos no EDI...
🍗... ademais de diferentes xogos de mesa

viernes, 15 de marzo de 2024

Imos a ALCAMPO!!! 🍎🍗🐟

Esta semana fomos de excursión ao hipermercado Alcampo, apreveitando que estamos a traballar a "Alimentación saudable".

Alí ensináronnos as diferentes dependencias: almacéns, zona de contos, xoguetes, panadería, pescadería, carnicería, froitería, zona de caixas.

Despois dun longo percorrido convidáronnos a unha fantástica merenda e agasalláronnos cun conto de pegatinas e unha foto de grupo para cada nen@.

Deixamos un resumo desta saída...











martes, 12 de marzo de 2024

VISITAMOS A...

 A semana pasada estivemos a visitar o CENTRO DE DÍA de Miño, compartimos experiencias, cantigas e xogos... cos máis maiores do lugar. Foi un momento moi enriquecedor.

Deixamos a reportaxe gráfica desta xornada tan especial







O alumnado de 5 anos preparou un agasallo para os nosos anfitrións...



... e cal foi a nosa sorpresa que eles tiñan outro para tod@s nós.

MOITAS GRAZAS!!!

viernes, 8 de marzo de 2024

8 M - DÍA DA MULLER

 


Durante toda a semana nas aulas do CPI CASTRO BAXOI estivemos a investigar "As mulleres no deporte ao longo da historia" para celebrar este día.
Resumimos en imaxes o noso traballo...
💖 En 4º de infantil: Ana Peleteiro
💖 En 5º de infantil: Saleta Castro

💖 En 6º de infantil: Teresa Portela