viernes, 30 de abril de 2021

ANIVERSARIOS ABRIL

Parabéns 
a todo o alumnado 
que estivo
de aniversario 
no mes de abril.



INÉS
LEO
NAIA
PABLO L.

jueves, 29 de abril de 2021

Australia

Practicamos surf cun pouco de humor...

As costas australianas son as mellores do mundo para practicar este deporte. As increíbles ondas das praias de Australia e os seus paisaxes de ensono atraen a gran cantidade de surfistas de todo o mundo (profesionais ou aprendices).

Así pois, nós como bos investigadores adoptamos esa práctica e participamos nas costumes do continente...

De seguido podédesnos ver intentando coller a mellor onda.

Os de 3 anos A:



Os de 3 anos B:

Ollamos o mais destacado de Oceanía na nosa biblioteca de aula:

                      

 Viaxamos a Sídney, a cidade máis grande de Australia para coñecer a ÓPERA DE SÍDNEY, entre outros puntos de interese.

viernes, 23 de abril de 2021

Marcapáxinas



 23 de abril

Día do libro



Como traballo de centro facemos unha selección dun conto por grupo, para recomendar ao resto de alumnado.

(Tarefa de Actividades Complementarias e Extraescolares)

Esta é a nosa proposta:

3 anos A
             3 anos A                                                  3 anos B



Tamén retomamos a proposta de Normalización lingüística "Ler ao aire libro" durante toda a semana:




Xa como tarefa de aula, para este día, elaboramos un marcapáxinas no que integramos a arte australiana para a súa decoración.

Este foi o resultado:







Previamente estivemos investigando sobre a arte aborixe deste continente para poder levar a cabo as nosas creacións.

Estes son algúns enlaces onde atopamos información sobre  ARTE AUSTRALIANA, prema para coñecer en que consiste:

- El arte de los aborígenes australianos

Con tus manitas


📚 Este é o resumo 

de parte do noso traballo

 durante toda a semana.

viernes, 16 de abril de 2021

Oceanía

Empecemos a coñecer o continente máis pequeno da Terra: OCEANÍA

O primeiro paso: localizalo no globo terrestre.
(Antes situamos onde nos atopamos nós)
(Despois investigamos para poder localizar Oceanía)

Para seguir coa búsqueda dalgunha información acerca deste continente.

Deixamos 2 vídeos recollidos de youtube:



Oceanía é un continente insular da Terra constituído pola plataforma continental de Australia, as illas de Nova Guinea, Nova Zelanda e os archipiélagos coralinos e volcánicos de Melanesia, Micronesia e Polinesia. ... Con unha extensión de 8 542 499 km², trátase do continente máis pequeno do planeta Terra.
Para saber máis: prema

lunes, 12 de abril de 2021

Que sabemos? e que queremos saber?

Neste novo trimestre emprendemos unha nova aventura e seguimos viaxando...

... nesta ocasión ata OCEANÍA.

Adentrarémonos nos seus costumes, fauna, flora, gastronomía...

Lembramos que o primeiro que temos que facer nun PROXECTO DE TRABALLO é averiguar que sabemos sobre o tema a investigar. Fixemos un sondeo de ideas previas e estas foron as respostas: 

3 anos A

3 anos B

Para continuar preguntándonos que é o que queremos saber:

3 anos A

3 anos B