lunes, 31 de octubre de 2022

DECORACIÓN DE CABAZAS

 A entrada de hoxe vai adicada...

AS FAMILIAS!!!

Queremos agradecer a vosa colaboración  por facer posible esta exposición e porque grazas a vós podemos elaborar este vídeo tan XENIAL.

MOITAS GRAZAS !!!


viernes, 28 de octubre de 2022

Festa Samaín e Magosto

Hoxe, venres 28, tivemos unha mañá moi movida.

As 9:00h. da mañá tiñamos unha cita na biblioteca...

         esperábanos unha sesión de cine

UF... QUE MEDO!!!



De seguido, unha sesión de fotos para inmortalizar o guap@s que estabamos.


Movemos un pouco o esquelete coa actuación do grupo de música tradicional "Tanto nos ten" 

Repoñemos forzas cunhas castañas


E finalizamos cuns xogos populares


😅😅😅😅😅😅😅😅😅😅😅😅😅

jueves, 27 de octubre de 2022

Decorando a porta...

Un ano máis, por estas datas, decoramos as nosas portas terroríficamente divertidas.

Esperamos que vos gusten, 

JA JA JA JA JA....




🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Xogando coa lectoescritura

Seguimos a aprender co Samaín, nesta sesión, apoiándonos en tarxetas e dados relacionados con esta temática.

Facendo diferentes tiradas, iniciámonos: na lectoescritura, na artística...




e tamén...
💀Os contos que nos chegaron dende a biblioteca e que estivemos a ler nas aulas:
(esta é a carpeta que nos tocou aos de 5 anos) 

💀 Algún traballo de mesa...




miércoles, 26 de octubre de 2022

XOGOS DE SAMAÍN

Tamén aprendemos con diferentes xogos de mesa relacionados co SAMAÍN... 

🎃 Memory:

🎃 Bingo:

🎃 Sudoku:

GRAFOS

Unha das tarefas desta semana foi decorar unha tea de araña atendendo a diferentes ordes:

- Colorear a araña de negro.

- Pegar 8 gomets nas puntas da tea de araña.

- Colorear 5 ocos con ceras de diferentes cores.

- Decorar con diferentes grafismos o resto de ocos da tea de araña, empregando rotuladores.

- Escibir a palabra ARAÑA  e o nº 8.




Así de chulas quedaron!!!

Platilina no Samaín

 Estes días estamos a facer actividades relacionadas coa temática de Samaín...

incluso coa plastilina!!!





                  👺👺👺👺👺🎃🎃🎃🎃

LIBRO VIAXEIRO

Amosamos outra entrega do libro viaxeiro da AUGA.

... en 5 anos A

... en 5 anos B

Preparando o castañeiro...

Ao longo da semana estivemos decorando o que vai a ser o noso castañeiro 2022.

Primeiro decoramos o que vai ser a base con ceras pasteis. 

A cor: tonalidades de outono.

De seguido estampamos follas  (recollidas na nosa contorna) con témpera líquida.

E tan só nos queda forrar o recipiente de cartón

... e poñer a cinta para poder colgalo.

           🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰

lunes, 24 de octubre de 2022

Outras cousiñas sobre a auga...

Sebas aportounos información moi didáctica e gráfica sobre os diferentes estados da auga.


Experimento: A absorción da auga. 
Xabi presentounos o seu experimento que logo aproveitamos para facer un traballo de mesa: tivemos que ordenalo cronolóxicamente en 4 pasos, taballar a lectoescritura cos materiais que precisamos e a lóxico-matemática a través do conteo, a medida, as cores...
  1. Presentación dos materiais
  2. Auga e colorante
  3. Mestura
  4. Absorción
  5. Resultado
    • Aproveitamos os materiais do experimento anterior para facer MISTURA DE CORES👉 vermello verde = marrón.

viernes, 21 de octubre de 2022

Vaia historias!!!

 Acércase o Samaín e...

nas aulas do Baxoi ...

creamos os nosos propios  contos de medo. 






O reto consistía en que cada grupo tiña que facer unha tirada de 4 dados e coas imaxes que sairan  inventar unha historia terrorífica.



Puxemos a imaxinación en marcha e isto foi o que saiu:

(Preme 2 veces para poder ver os vídeos)

👿💀  O moucho que tiña medo


👿💀  O vampiro carnívoro


👿💀 O esqueleto e o morcego


👿💀 A pantasma visible


👿💀 A momia Teresa


👿💀 Amigos sempre


👿💀 o cumple de Frankestein


👿💀 Ramona e o ratiño

🎃🎃🎃👿💀🎃🎃🎃👿💀🎃🎃🎃👿💀🎃🎃🎃👿💀🎃🎃🎃👿💀

Tamén expoñemos nas cortizas do corredor das nosas aulas os nosos debuxos...


🎃🎃🎃👿💀🎃🎃🎃👿💀🎃🎃🎃👿💀🎃🎃🎃👿💀🎃🎃🎃👿💀