jueves, 16 de febrero de 2023

Aprendemos xogamdo...

💥 BINGO

Adicamos un tempo a traballar vocabulario. recoñecer consoantes e vogais, os seus sons... en definitiva, a lectoescritura.

Na entrada de hoxe xogamos ao BINGO DAS PALABRAS.

Un xogo didáctico e entretido que consiste en ir sacando letras ata formar palabras.

MATERIAL que empregamos:

💢 Fichas imprimidas e plastificadas, cunha foto e tantos espazos como letras teña a palabra que debemos completar.

💢 Letras do abecedario que temos escritas nos tapóns de leite.

💢  Cubos encaixables para marcar as letras da nosa palabra.


Este xogo tamén nos permite traballar a atención e a concentración, pois temos que estar atent@s ás letras que van saíndo, ademais da psicomotricidade fina.

Ainda que non debemos de esquecer que o obxectivo principal e traballar a lectoescritura, o abecedario, a conciencia fonolóxica, a articulación, a discriminación auditiva e visual.

Ao aprender xogando en grupo... tamén fomentamos as relacións interpersonais e o respecto tanto se gañamos coma se perdemos.

💥 Bus 

Outro xogo co que estivemos moi entretidos foi co Bus das familias, con el traballamos as familias do nº 0, do 10, do 20...

O obxectivo é traballar a lóxico-matemática, o conteo, a discriminación, a atención, a lateralidade, a orientación espacial...

No hay comentarios:

Publicar un comentario