🍁 Participamos na decoración da entrada do cole con motivos do OUTONO.
Cada grupo de infantil tiña unha tarefa encomendada:
O reto dos nenos e nenas de 3 anos e unha clase de 5 anos era aportar unhas nubes.
Para a súa elaboración empregamos 2 técnicas: o esponxado con témpera e pegado de algodón.
O alumnado de 4 anos elaborou un colar con follas.
E por último, a outra clase de 5 anos aportou un esquío.
RESULTADO FINAL:
No hay comentarios:
Publicar un comentario