sábado, 23 de enero de 2021

Localizamos a ANTÁRTIDA

 Comeza a nosa expedición

 pola ANTÁRTIDA!!!

Imos aló...

Emprendemos a nosa viaxe para coñecer un pouquiño sobre este xélido continente: onde se atopa?, como é?, animais que habitan?...

Ao londo deste trimestre intentaremos dar resposta a estas e outras preguntas que vaian xurdindo.

Cales son os continentes?

Donde está a Antártida?



Unha das primeiras actividades que fixemos foi localizar no globo terrestre en que lugar se atopa este continente.

Averiguamos onde está o Polo Norte, o Polo Sur e tamén buscamos España, país no que vivimos.



Presentamos o globo terrestre, observamos os diferentes continentes, contamos, traballamos os conceptos de arriba e abaixo para diferenciar os 2 polos...
Deixámosvos un  fragmento:

😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃
Descubrimos que o Polo Sur atópase na Antártida, polo tanto localizámola na parte de abaixo do globo terrestre.

Algunhas pinceladas deste continente:

E como broche final, un capítulo da  divertida serie animada de Billy The Krill que leva por título: "Bienvenido a la Antártida".

No hay comentarios:

Publicar un comentario