viernes, 23 de octubre de 2020

Asemblea

Cada mañá despois da rutina de quitar  mochilas e chaquetas, do lavado de mans e poñer os mandilóns... comenzamos coa ASEMBLEA.

Se todos os momentos en educación infantil son fundamentais, a ASEMBLEA, é uns dos que máis a nivel de aprendizaxe, podemos considerala como unha das rutinas máis relevantes pola cantidade de tarefas que realizamos nesta, e como non, pola importancia de cada unha delas.

A ASEMBLEA é a primeira actividade da mañá e é esencial tela presente nas nosas tarefas diarias porque:

- Axúdanos a alcanzar os obxectivos e contidos.

-  A adquirir e desenvolver as Competencisas Básicas.

- Vital á hora de traballar normas.

-  Axúdanos a averiguar os coñecementos previos do alumnado.

- Desenvolvemos a estruturación temporal...

Deixámovola en formato dixital por se vos animades a facela dende a casa ( no caso do alumnado que por diferentes motivos non poidades asistir ao cole).

Nela pódense atopar unha serie de recursos que traballamos diariamente como: saúdamos, encargad@, nen@s que viñeron ao cole e os que quedaron na casa, conteo, que día é hoxe, estación, que tempo vai, como nos sentimos, a nosa cariña...

E· outros que traballamos según o día (abecedario, palabras máxicas, trazo, figuras xeométricas...) porque senon faríase moi longa.

A correspondente á clase de 3 anos A:



E a da clase de 3 anos B:


Animádesvos!!! 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario