lunes, 8 de marzo de 2021

Conto: "Mamá se va a la Antártida"

Nesta entrada presentámosvos o conto "Mamá se va a la Antártida" escrito e narrado pola súa protagonista Anna Cabré.

Conta a historia dun grupo de científicas que viaxa á Antártida. 


Ao longo de diferentes sesións fumos desgranando esta historia tan interesante que narra as vivencias dunhas científicas que viaxan ata a Antártida.
Traballamos e investigamos sobre diferentes aspectos que van aparecendo no conto.
Destacamos algunha información que acaparou a nosa atención:

- Localizamos no GLOBO TERRESTRE dende onde parten estas ciéntíficas. 
(Parten de USHUAIA ao sur de ARXENTINA).
Vemos de que lugar parten

- Interesámonos pola profesión das diferentes científicas que se desprazan ata este lugar:
BUCEADORA       OCEANÓGRAFA
ORNITÓLOGA      BIÓLOGA MARINA
METEORÓLOGA
Buscamos que é o que estudian cada unha delas.

- Animais cos que se atopan na Antártida: balea azul (que poden comer ata 3000 kg de khrills), foca, pingüín, khrill, albatros.

- Dentro do círculo polar antártico hai un día que todo o día é de día e outro no que todo o día é de noite. En inverno é moi oscuro e en verán hai moita luz.

- Hai máis de 100 volcáns, algúns deles están activos.

- Cada vez vai máis calor debido ao cambio climático.

- Algunhas curiosidades sobre:


 Os ICEBER 
Son anacos de xeo que se separaron da Antártida. Poden medir máis de 100Km.
Simulamos un iceberg co noso corpo.


As ONDAS
Decubrimos que as ondas podían medir ata 10 m. Aproveitamos para traballar a medida, medirnos e  descubrir que nen@ se aproximaba máis a 1 m. 
   Marcamos 1m.
  Medímonos

Rematamos a nosa investigación chegando á conclusión de que a onda mediría 10 veces a altura dos compañeir@s que chegan xusto á marca. Ou o que é o mesmo, precisarían poñerse 10 veces enriba de si mesmos (os que miden 1 m.) para chegar a medir o mesmo que as ondas.

Representamos
esta medida
cos cubos
multibase.
Manipulamos os cubos, 
o obxectivo é reproducir a medida das ondas.


Os ALBATROS
Escenificamos co propio corpo algunhas situacións e medidas.
Descubrimos que esta ave mide 3 m. dun extremo ao outro das súas ás. Experimentamos co noso corpo esta medida e nas imaxes podedes ver que longas son... precisamos 4 de nós cos brazos abertos para alcanzar dita medida!!! 👀 👀 👀

(O proceso que seguimos foi medir no chan os 3 metros e ir colocándonos ata chegar a esta medida).

Se queredes saber algo máis sobre o albatros invitámosvos a pinchar na imaxe.



A visualización deste conto dounos para traballar en varias sesións: aprendimos vocabulario novo, localización no globo terrestre, traballamos a medida, o espazo, a estratexia, a psicomotricidade... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario