viernes, 26 de marzo de 2021

Tangram

 Seguimos poñendo a nosa mente a traballar para intentar conseguir diferentes formas con estas pezas de orixe chinés.

Hoxe deixamos 2 formas diferentes de traballar.

Nestas primeiras imaxes o traballo consiste en colocar as pezas enriba do modelo. Esta tarefa, ten a súa dificultade pois hai que coller as pezas axeitadas e colocalas na posición correcta.

A estas idades non resulta fácil porque non teñen ben adquirida a orientación espacial.

(Este tangram é unha variante con máis pezas que o orixinal).


Nestas outras imaxes amosamos diferentes formas que conseguimos a través dun traballo libre, sen seguir ningún padrón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario