lunes, 22 de marzo de 2021

Creamos con plasti!!!

O obxectivo desta actividade é mellorar a forza da man e máis concretamente dos dedos a través da prensión, ademais tamén se pretende desenvolver a creatividade e a imaxinación.

O reto consistía en crear diferentes animais que viven tanto no Polo Sur como no Polo Norte, a través do modelado de plastilina.

Estas foron algunhas desas esculturas:


Pingüíns, focas, morsas, balenas azuis... 
foron algunhas destas creacións tan especiais.

Recalcar, unha vez máis, a importancia de traballar a psicomotricidade fina nestas idades con diferentes materiais e recursos, nesta ocasión empregamos a plastilina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario