Traballamos a estación do ano na que nos atopamos.
Primeiramente facemos unha investigación de campo, para iso, saímos ao exterior a observar: a paisaxe, as cores, as follas, ás árbores (cales teñen follas e a cales lles están caendo)...
A nosa seguinte misión é facer unha recolleita de follas e froitos que atopamos no bosque do noso cole, para logo facer unha clasificación co seu correspondente etiquetado.
Nesta actividade estamos a traballar a contorna, a psicomotricidade fina e grosa, a lecto-escritura e conceptos lóxico-matemáticos.
Deixamos a reportaxe fotográfica:
🍁Obsevando e recopilando follas e froitos que atopamos na zona do arboredo:
🍁 Clasificando:
🍁 Etiquetado:
🍂🍂🍂🍂🍂🍂 🍁🍁🍁🍁 🍂🍂🍂🍂🍂🍂
No hay comentarios:
Publicar un comentario