lunes, 4 de octubre de 2021

Investigamos...

Como xa comentamos anteriormente, as noticias destes días despertaron a nosa curiosidade e decidimos investigar que significaban esas palabras (descoñecidas para nós) que escoitabamos a diario cada vez que se referían ao volcán.

Así pois, puxémonos mans á obra e buscamos respostas.

🌋 Que é un volcán?

Provén do nome do dios mitolóxico romano VULCANO. É unha estructura xeolóxica pola que emerxe o magma. O ascenso do magma ocorre en episodios de actividade violenta denominados erupcións.

Nós, recoñecemos os volcáns como unha gran montaña que cando entra en erupción cospe ríos de lava vermella e nubes escuras de cinzas.

Planeta Darwin amósanolo dunha forma didáctica, neste vídeo recollido de youtube:


🌋 Partes dun volcán:

Nesta imaxen vémolas dunha forma gráfica... 

... pero que significan?
 Vexamos:

Cámara de magma: sitio onde se deposita o magma, atópase debaixo do volcán.

Cráter: por aí expúlsase a lava, os gases e demais materiais. Situado na parte superior e ao final da cheminea.

Cheminea: conduto por onde suben os materiais do interior da Terra.

Cono volcánico: é o que da forma á estructura e polo regular desenvólvese ao longo dos anos debido ao depósito e solidificación dos materiais na superficie.

Fisuras: gretas alongadas por onde pode liberarse lava ou gases.

🌋Materiais que se producen pola erupción:

Lava: roca fundida expulsada por un volcán durante a erupción, a temperatura oscila entre  700 °C e 1200 °C

Fluxos piroclásticos: mestura de cinza, roca e gas quente.

Gases volcánicos: os máis comúns son o nitróxeno, o dióxido de carbono, o monóxido de carbono e o dióxido de xofre.

🌋 Tipos de volcáns segundo a súa actividade:

Activos: son os que fan erupción con frecuencia ou é probable que o fagan debido a que se rexistra neles actividade volcánica. 

Inactivos/latentes/durmientes: neste tipo inclúense  os que, ainda que fai moito tempo que non entran en erupción e non se rexistra neles frecuente actividade volcánica, poderían “espertar” en calquera momento.

Extintos: carecen de magma na súa cámara, polo que teñen poucas o nulas posibilidades de volver a ter actividade.

(Información recollida de geoenciclopedia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario