viernes, 21 de enero de 2022

Xogos de inverno

Estes días estamos tratando o INVERNO tanto nos traballos de mesa como nos recunchos e nos xogos. Deixamos uns exemplos de diferentes actividades que estivemos a facer.

Modelamos con plastilina tendo en conta a temática de inverno:


Xogos de lóxico-matemática:
Empregamos cartas para traballar: a concentración, a atención, o conteo e a relación cantidade-número... entre outros.
Tamén utilizamos etiquetas con motivos de inverno para incidir na grafía e na cantidade, a través da observación e do conteo. Con este xogo tamén melloramos a motricidade fina, e máis concretamente a prensión, con estes exercicios de pinza dixital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario