jueves, 21 de noviembre de 2019

Arte

Nas aulas de 5 anos, no noso recuncho creativo utilizamos diferentes técnicas e materiais.



Coa chegada dun xirasol a unha das aulas de infantil aproveitamos para observar o cadro "Os xirasoles" de Van Gogh e atrevímonos...
 a facer "unha réplica"! 
Os materiais empregados foron ceras mandley e acuarelas.




O resultado, podédelo ver na seguinte reportaxe fotográfica:




Tamén puxemos a proba a nosa imaxinación creando un cadro con cores de outono. Nesta ocasión utilizamos  témperas.


En 4º de infantil seguimos aproveitando os recursos que nos oferta a contorna. Calquera momento é bo para aprender e como estivemos observando e falando dos fenómenos atmosféricos, dedicamos algunha sesión a facer unha nube con material de refugallo para logo pintala coa técnica do esponxado.
Quedounos moi "chula":

Con ela seguimos ambientando a nosa aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario