domingo, 13 de junio de 2021

CAMIÑO DE SANTIAGO...

Nas aulas de 3 anos participamos no Plan PROXECTA que está a desenvolver o profesorado de E.F.

"O camiño de Santiago paso a paso"


Dende fai algunhas semanas
estamos a realizar un simulacro 
do Camiño Inglés 
(Andaina 
Ferrol - Santiago
adaptando as etapas 
nun pequeno percorrido polo patio).



Ao rematar gañaremos a nosa compostela .


Durante cada etapa facemos un tramo do camiño: observando no mapa dende onde partimos e ata onde chegamos, como é a andaina de dura: se hai moitas subidas e baixadas, a distancia en kilómetros, ...



Investigamos e buscamos diferente tipo de información en distintos formatos: 
na web, 
a través do código QR, 
en mapas, 
en folletos
...



Tamén iremos escribindo na nosa credencial do peregrino o punto de chegada e marcando o tramo que estivemos a facer cada día.


Este foi o resultado.


Partimos do Km. 0 (Ferrol)


Ata chegar ao noso destino o Km. 121,5 (Santiago de Compostela) onde gañamos a nosa COMPOSTELA.


Tamén vos deixamos unha reportaxe desta aventura que durante uns días estivemos a facer polo exterior do centro, como auténticos peregrinos.

Rematamos esta aventura visitando o albergue de peregrinos que se atopa ao lado do noso cole e unha pequena andaina pola rúa de Telle (desvío do camiño para chegar a dito albergue), repoñemos forzas merendando no parque e volta para ao cole.


No hay comentarios:

Publicar un comentario