lunes, 1 de febrero de 2021

Xogo

... axuda a chegar ao pingüín xunta o seu amigo o boneco de neve.



Esta é a historia do "PINGÜÍN DIVERTIDO" que vai desprazándose de casa en casa ata chegar onde está o seu amigo BONECO DE NEVE
Partimos da casa de saída e coa axuda dun dado iremos avanzando polo taboleiro dependendo da nosa tirada. Durante o traxecto, atoparase con diferentes probas que terá que resolver dependendo da cor da casa na que caia: azul ou vermella.
AZUL- Probas de movemento.
VERMELLA- Probas de coñecemento.

Ex. na casa azul:
- Pingüín Divertido dinos que... temos que saltar sen parar.
- Pingüín Divertido dinos que... temos que mover a cintura con soltura.

Ex. na casa vermella:
Pingüín Divertido dinos que...  digamos unha palabra que empece por "P" de PINGÜÍN.
Pingüín Divertido dinos que... busquemos pola aula un obxecto de cor amarelo.

Esta foi a xogada de proba...


Previamente fixemos unha posta en común para decidir o nome do pingüín e por maioría decidimos chamarlle: DIVERTIDO.

 🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧
Este e un dos diferentes xogos que elaboramos relacionado co proxecto e que ao longo do trimestre iremos presentando máis pouco a pouco.
 🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧

No hay comentarios:

Publicar un comentario