viernes, 26 de febrero de 2021

Escornabot

Dentro do material que elaboramos este trimestre para abordar o proxecto da Antártida, non podía faltar un taboleiro para xogar co escornabot.


Este material consiste, como acabamos de decir, nun taboleiro con imaxes  e unha serie  de tarxetas con diferentes preguntas relacionadas co tema a tratar. Por ex:

Que come a balea azul?

Cal é o pingüín máis grande?

...

Primeiro teremos que respostar á pregunta que nos toque

para logo axudar ao escornabot a chegar ata á imaxe correspondente.

Ademais de conceptos relacionados co proxecto, neste xogo tamén traballamos: a lateralidade, a observación e concentración, conteo, cores, conceptos relacionados co espacio (arriba-abaixo, diante-detras)...

No hay comentarios:

Publicar un comentario