jueves, 14 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

"As pitas baixo a choiva" é un relato breve que marca un feito anecdótico da infancia do autor.
Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar no galiñeiro, elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.

Escoitade...                                  
Recollido de youtube: "garatuxa cee vilagarcía"

A tarefa de hoxe é facer o voso propio retrato de Ricardo Carbalho Calero.

Tamén vos achegamos unha proposta  de Edicións Embora e da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra para coñecer a Carbalho Calero e a adaptación do conto "As pitas baixo a choiva".
Preme na imaxe e atoparás: cancións, unidades didácticas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario