
Apetécevos que botemos man
de materiais
que temos na casa
para facer
palabras de maneira orixinal?
Neste caso usamos os pompóns, aínda que tamén poden servirnos pedras ou cunchas pequenas, anacos de cortiza, macarróns, "virutas" de cera, anacos de papel (así tamén traballamos o rasgado)...
Vexamos os pasos!
Primeiro facemos unha choiva de ideas para idear as palabras que queremos realizar.
Lembrádevos tamén das palabras en galego!!!
Así que ... poñede as vosas cabeciñas a pensar, escollede a vosa palabra favorita en galego e ...
A continuación botamos pegamento de barra, cola ou silicona e recubrimos os contornos co material desexado.
Podemos facelo libremente ou seguindo patróns previamente establecidos: todas as letras de diferentes cores, as dúas primeiras idénticas...
As posibilidades son infinitas!
Deste xeito, ademais da construción de palabras, traballamos a psicomotricidade fina, a atención e a imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario