martes, 19 de mayo de 2020

Letras con tapóns...

CONCIENCIA FONOLÓXICA CON TAPÓNS


Nesta tarefa, contaremos coa presenza de cinco monstros, un por cada vogal. Debuxaremos os seus ollos e as súas bocas abertas en bolsas, como as da imaxe. Todos eles teñen moita fame. A nosa tarefa, neste caso, será ...
darlles de comer!


Pero, ollo! 
Non todo serve!
Realizaremos debuxos en tapóns (un ollo, unha árbore, unha abella, etc). Cando xa os teñamos, só poderemos alimentar aos monstros con aqueles cuxas palabras teñan algunha das súas letras! 
Por exemplo, ao monstro da “U” poderemos darlle o tapón co debuxo da uva, pero non o que ten pintado o avión...

SÍLABAS CON TAPÓNS

Recordades o uso que lles demos aos tapóns?
Neste caso, empregarémolos para traballar coas sílabas!
Comezaremos levando a cabo debuxos en paneis, como os da imaxe. Logo, colocaremos debaixo de cada un deles tapóns coas sílabas polas que comezan os seus nomes (ex.: “Me” de “Mesa”, “Ne” de “Neveira”, etc).
Esta actividade tamén podemos facela usando anacos de papel ou de cartolina circulares, que podedes pegar nos paneis con velcros. 
Deixámolo á vosa elección!


Que ocorre cando unimos as sílabas iniciais? Sáenos algunha palabra nova?
Se vos atrevedes, tamén podedes intentar facer as sílabas con minúsculas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario