jueves, 28 de mayo de 2020

Faroliño chinés

Nesta ocasión, para seguir co proxecto de "ASIA", propoñemos unha actividade creativa.
Ofrecémosvos algunha idea para levar a cabo o reto de hoxe:
Podemos empregar diferentes materiais: goma eva, cartolina, papel celofán, gomets, pedras de cristal, pintura...
Esperamos as vosas creacións!

Ademais de facer a manualidade, que tal se?... 
-  Anotamos os materiais empregados.
- Levamos un rexistro das cores, das formas, cantidade...
- Podemos facer series na parte superior e inferior para adornar o faroliño.
- Os máis pequenos poden nomear os materiais empregados. 
- Escribir e nomear por que letra empezan. 
- Contar as letras de cada palabra.
- Identificar os nomes, cores, formas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario