viernes, 29 de mayo de 2020

Botellas sensoriais

A nosa proposta para hoxe é unha actividade de estimulación sensorial.
Se buscades materiais para facer con todo aquilo do que dispoñedes no voso propio fogar, as botellas sensoriais teñen a resposta! 
Con elas, é posible traballar os sentidos de múltiples maneiras: 
- Escoitando os sons que producen os obxectos que están dentro delas ao axitalas. 
- Buscando mediante a vista diferentes elementos colocados no seu interior.
- ... 

Ademais, son realmente sinxelas de facer! 
Observade o procedemento no vídeo e animádevos a realizar as vosas. 
... xa veredes a sensación de calma que tedes logo ao manipulalas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario