viernes, 22 de mayo de 2020

Obradoiro sensitivo

Propoñemos traballar os sentidos cunha mesa sensorial caseira...
É tan sinxelo como facilitar un espazo de manipulación (bandexas ou caixas de plástico) onde poidamos ir cambiando os materiais e con eles a experimentación manual, visual, auditiva... 
Así, podemos empregar pan relado, fariña, lentellas, macarróns, xelatina, e todo o que se nos ocorra.
Aquí tedes varios exemplos de mesa ou bandexas sensoriais feitas na casa:
Ademais de traballar os sentidos, tamén podemos facer trazos de letras e números, medicións, conteos, grafos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario