lunes, 4 de mayo de 2020

E ti... que contas!

Nesta actividade os SORRISOS DO BAXOI recoméndannos seus contos favoritos. Vexamos!

Luna:"Pepe & Mila".

Erik:"Quiero a mi mamá".

Iker:"Teo y los increíbles dinosaurios".

Sara:"Frozen".

David:"Geronimo Stilton".

Daniel:"La granja".

Hoxe traemos dúas propostas para traballar a linguaxe oral e a imaxinación:

  • Inventar contos utilizando a técnica do Binomio Fantástico de Gianni Rodari que consiste en pedirlle ao nen@ que diga dúas palabras ao azar que non teñan relación entre si, como por exemplo: ”can” e “avión”. A partir de aquí inventamos un novo conto con estas ou outras palabras que propoñamos.

Gianni Rodari tamén propón unha técnica chamada Cartas en cartolinas na que temos que elixir diferentes imaxes ou figuras que atopemos en revistas, xornais ... que teñamos na casa e pegalas en cartolinas. Despois, imos sacando cartolinas e inventando unha historia en función do que vai tocando.

(Actividade similar á dos dados da semana pasada).

  • Xogo das palabras encadeadas que consiste en dicir unha palabra e a continuación dicir outra que empece coa última sílaba da anterior, por exemplo: mesa-saco-coco-coche-chepa-paso-sopa…..

No hay comentarios:

Publicar un comentario