miércoles, 27 de mayo de 2020

Conto...

Para a hora de ler de hoxe, propoñemos:
"CHIBOS E CHIBÓNS"


Tarefas que podemos levar a cabo:
- Facemos preguntas sobre o conto, como por ex:
De onde baixaron os chibos?, como era a herba?, que tiveron que cruzar?... 
Escribimos a palabra correspondente a cada pregunta, por que letra comeza, contamos cantas letras teñen, cantas sílabas...
- Traballamos a descrición e escenificamos como era o chibo pequeno, o mediano, o grande... e o trasno?...
- Imitamos como camiña o chibo pequeno (patín, patín,...), o chibo mediano (patán, patán...) e o chibo grande (patón, patón...).
- Debuxamos aos 3 chibos e ao trasno.
- Grafía do número 3 (no aire, con plastilina, nun folio...)
- Cales son os amigos do nº 3? Facemos a casa do 3 e resolvemos.
- Agrupamos cousas que teñamos pola casa de 3 en 3 (pinzas, botóns, fabas....). Tamén podemos clasificalas por tamaños (pequeno-mediano-grande).
- Facemos series co noso corpo, por exemplo: 3 saltos-3 palmas-3 saltos.
Sumas e restas co número 3, exemplo: 3+5, 3+9, 7-3, 4-3...
E para divertirnos e mover un pouquiño o esqueleto, aí vai esta canción:

No hay comentarios:

Publicar un comentario