Traballamos a lóxico-matemática, a atención, concentración e observación con diferente material que ten como protagonista o Nadal.
- Cartas.
Cada participante ten un pau da baralla (papá Noel, bastón, galleta ou árbore).
Traballamos o conteo. Un participante sae cun nº e os restantes terán que achegar o mesmo nº do seu pau.
- Bingo:
Primeiro conteo de tapóns ou cubos ata 6, xa que estas serán as fichas que precisamos para completar o cartón.
Logo temos que prestar atención e buscar a imaxe que sacamos ao azar, se a temos no noso cartón teremos que poñer unha ficha enriba da imaxe.
De vez en cando imos contando as casas que temos cubertas.
O xogo remata cando completamos o cartón (todas as casas marcadas), ou o que é o mesmo, cando se consigue tachar todas as imaxes.
Tamén traballamos a prensión, formas e cores cos cuños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario