jueves, 3 de diciembre de 2020

Máis sobre o nome...

Na entrada de hoxe reflectimos diferentes formas de traballar o noso NOME

Continuando co proxecto que nos ocupa este trimestre, amosamos unha pequena escolma das actividades que levamos a cabo, dentro da aula, durante estes días.

Para dito fin, empregamos diversos soportes con distintos recursos materiais que nos axudarán a acadar o noso obxectivo.

- Recoñecer o noso nome xogando co escornabot.

Construir o noso nome na mesa de luz.

- Discriminar o noso nome e o dos compañeiros.

- Formar o noso nome con letras de goma eva.


- Facer o trazo no encerado.

- Modelar con plastilina o nome e a súa inicial.



- Discriminar as letras do noso nome e montalo ... empregando as letras imantadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario