martes, 15 de diciembre de 2020

Traballo de mesa

Presentámosvos outras dúas actividades relacionadas co proxecto que estamos levando a cabo durante estes meses e onde traballaremos a primeira e a última letra do noso nome.

Cada quen observa o seu nome... e terá que identificar por que letra empeza ou por que letra remata.

Contamos as letras do noso nome, quen empeza pola misma letra, quen remata igual...

Nesta primeira actividade o traballo de mesa consistiu en decorar a nosa letra con diferentes cuños.



Na seguinte actividade traballamos a última letra do nome. O material que empregamos para facer o trazo é a plastilina. 
Nesta tarefa, ademais da lecto-escritura temos en conta conceptos matemáticos como primeira-última, conteo, máis-menos...
Tamén neste traballo volve a adquirir gran importancia a psicomotricidade fina a través da manipulación da plastilina: primeiro cortando anacos, amasando, facendo churros, para finalizar enchendo o trazo da letra correspondiente. Todas estas accións axúdannos a ir adquirindo máis forza nos dedos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario