MARIO
O broche final a este proxecto non podía ser outro que un xogo de pistas para atopar o TESOURO.
Atoparemos onde está agachado?
O capitán SORRISO encomendounos unha última misión:
ATOPAR O TESOURO QUE AGACHOU,
nalgún recuncho do cole.
A 1ª pista atopámola no noso corredor
A partir de aí fomos seguindo o mapa e as diferentes pistas ata atopar ... (ou NON), o tesouro tan DESEXADO.
Non foi tarefa fácil pois tivemos que sudar e enfrentarnos a probas moi perigosas...😉😃😂
Se queredes saber o que aconteceu podedes facelo a través da reportaxe que vos deixamos de seguido...
MIRADE, MIRADE!!!
O reto que amosamos hoxe consistía en personalizar esta marioneta:
Coloreamos, recortamos, montamos as pezas e pegamos.
O resultado: UN SIMPÁTICO PIRATA.
As creacións foron moi boas. Deixamos unha pequena mostra:
5 anos A:
Creamos este "memory" para poñer a proba: a atención, a memoria, a concentración, a orientación espacial...
Na aula intentamos resolvelo tanto na EDI como nas tablets.
Hoxe deixámolo nesta fiestra para que vos animedes e xoguedes na casa.
Deixamos este cuestionario sobre o tema dos PIRATAS, anímaste a xogar?
(Preme na imaxe para comezar)
visitamos
a Fundación Exponav
en Ferrol.
Pasamos un rato moi divertido participando en dous obradoiros que teñen bastante que ver co noso proxecto:
⛵ LINGUAXE DAS BANDEIRAS:
⛵ BÚSQUEDA DO TESOURO PIRATA:
Rematamos a xornada repoñendo forzas no parque e xogando un pouquiño.
A entrada de hoxe adicámola a xogos que temos na aula relacionados coa temática deste trimestre.
⛵ Bingo:
⛵ Cartas de parellas:
Tamén para xogar en grupo, aprender a seguir normas, repectar quendas, mellorar habilidades sociais...
Tamén empregamos material para traballar a lecto-escritura e a lóxico-matemática.
⛵ Bits de vocabulario:
⛵ Completar palabras coas vogais.
⛵ Trazo das palabras:
Nestas actividades potenciamos o coñecemento, a memoria, a concentración, ademais de ampliar o vocabulario relacionado co proxecto.
⛵ Conteo: