martes, 27 de mayo de 2025

CREAMOS... 📎💡

O reto de hoxe consistía 
en facer unha cración 
a partir de 2 triángulos 
e tendo como referencia 
o conto de:"Hª de un triángulo".

Este foi o proceso....
... e este o resultado:



BOLBORETAS... 🐛

Nunha entrada anterior, coa chegada da primavera utilizamos a técnica de punteado para decorar as bolboretas protagonistas da cortiza do corredor. 

Nesta ocasión outro nivel de infantil retomamos as bolboretas coma protagonistas para decorar as fiestras, coa técnica das vidreiras.



En todo caso, previamente, fixemos unha investigación de campo para saber un pouquiño máis sobre estes insectos, centrámonos no CICLO DE VIDA das bolboretas.
Deixamos un par de vídeos bastante didácticos atopados en youtube que nos serviron para tal fin...

viernes, 23 de mayo de 2025

Plantamos ... TAGETES!!! 🌸🌺🌼

Esta semana fixemos unha actividade conxunta entre os diferentes niveis seguindo a formación de Titoría Entre Iguais (TEI) e relacionado co proxecto que estamos a levar a cabo "O bosque".

Teremos que esperar un tempiño a ver cal é o resultado, eso si, iremos observando día a día a ver que é o que sucede...

🌸O reto foi PLANTAR...


🌸PRECISAMOS:

🌸PROCESO:

jueves, 22 de mayo de 2025

A granxa

Deixamos este genially que atopamos na rede para que poidades xogar e aprender moitas cousas sobre a granxa...

lunes, 19 de mayo de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Do 12 ao 16 de maio estivemos a realizar diferentes actividades co galo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano protagonizado polas cantareiras e as cantigas tradicionais galegas. 

Estes son algúns exemplos do que estivemos a traballar:

💙 Preparamos a nosa vestimenta para o día da actuación...

💙 Decoramos a cortiza do corredor...


💙 Ensaiamos para o día da actuación....

💙 Xa o día 16 celebramos o FESTIVAL.

Amosamos a reportaxe fotográfica das nosas actuacións...

En 3 anos: "A Carolina" de Uxía Lambona e a banda molona.

En 4 anos: "O Pirimpimpin" de Malvela.

En 5 anos: "Ven bailar Carmiña" de Jonydasvie.


👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

viernes, 16 de mayo de 2025

Aprendendo sobre AS CANTAREIRAS... 🎵🎶

 Deixamos un genially recollido do Seminario Galán para que xoguedes´:

... e se queredes saber máis sobre as cantareiras e cantigas tradicionais, podedes premer no enlace: Seminario Galán, onde atoparedes moitos recusos

jueves, 15 de mayo de 2025

"PoeMIÑOs polas LETRAS" 📝

Este ano cada nivel escolle unha cantiga relacionada coas CANTAREIRAS, temática que traballamos este ano na semana das Letras Galegas.

As propostas de infantil son as seguintes:

📝 En 3 anos: "A CAROLINA"

📝 En 4 anos: "PIRIMPIMPIN"

📝 En 5 anos: "VEN BAILAR CARMIÑA"


Xa podedes conseguir un poeMiño nos comercios do pobo.
Cal vos tocará?

viernes, 9 de mayo de 2025

Máis de... FLORES !!! 🌷🌷🌷

🌼No recuncho manipulativo estivemos a experimentar cos nosos sentidos (tacto, vista e olfato). 
Material que empregamos: flores, tesouras e a bandexa sensorial.
O resultado final....
🌼 Flores de HERVE TULLET...
🌸🌸🌸🌸🌸🌸🌸🌸🌸