Comeza a conta atrás:
3-2-1-0 ...
DESPEGAMOS!
Nas aulas de 5 anos este 1º trimestre estamos investigando sobre o espazo.
Unha das primeiras actividades que fixemos foi:
- Ambientación da aula: comezamos decorando a porta da nosa clase.
- E o carné de astronauta que nos acredita para indagar e coñecer diferentes curiosidades sobre este proxecto.
De seguido preparamos a foto:
Cubrímolo cos nosos datos e... xa temos acreditación!
- Tamén enviamos unha nota ás familias onde lles pedimos a súa colaboración para que acheguen calquer tipo de material relacionado co espazo: información, algunha manualidade, curiosidades, fotos, vídeos, cancións, contos, revistas... Con todo o material recibido creamos o recuncho do proxecto, este é o resultado polo momento: Exposición 6º INFANTIL A:
No hay comentarios:
Publicar un comentario