martes, 30 de noviembre de 2021

Un pouco de concentración!

Este curso seguimos a manipular os tangram e os xeoplanos, xa que nos dan moito xogo á hora de traballar diferentes conceptos de lóxico-matemática, así como tamén pon a proba a nosa creatividade e concentración.



ANIVERSARIOS NOVEMBRO


 Moitas felicitacións 

a todo o alumnado 

que está de aniversario 

este mes.



mARTÍN

XABI

cielO

SEBAS

CARMEN
mARIO
OmAR
SANTI

viernes, 26 de noviembre de 2021

25 N


Dia Internacional contra 

a Violencia de Xénero.

O xoves día 25, gardamos un minuto de silencio no patio. Previamente, en días anteriores, estivemos a facer unhas nubes para colocar no noso "PARAUGAS DA IGUALDADE".

Fixemos unha choiva de ideas e escollemos 4 palabras significativas para este día. Escribímolas nun folio e logo pegámolas nas nubes que xa tiñamos picadas.





Así de chulo quedou:

martes, 23 de noviembre de 2021

Xogo de parellas

Nestes intres estamos a traballar o proxecto: "MIÑO NO CAMIÑO".

Na entrada de hoxe, deixamos un xogo que preparamos con imaxes de Miño e que podedes xogar na casa intentando atopar as parellas.

Ánimo!!! 

... e a facelo nos menos intentos posibles.

viernes, 19 de noviembre de 2021

Un día especial!

Hoxe, venres 19, 

tivemos unha actuación moi movida, divertida e entretida... 

veu a visitarnos 

a ORQUESTRA CÉ PANTASMA.

Pasámolo así de ben:


ATA OUTRA!!!

lunes, 15 de noviembre de 2021

Vocabulario de outono

 Traballamos a lecto-escritura co vocabulario de outono e tamén aproveitamos para poñer a proba as nosas dotes artísticas.

viernes, 12 de noviembre de 2021

DÍA DO PEÓN


O día 11 de novembro 

celebramos o DÍA DO PEÓN.


📌 Unha das actividades que fixemos foi decorar uns peóns para adornar as cortizas dos corredores.


Exposición:


📌Nas nosas aulas practicamos cos bailaretes que reciclamos do curso pasado...

      ... para logo bailalos no patio.



POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!!!


📌No seguinte enlace podedes atopar diferentes recursos relacionados co peón.

(Preme na imaxe para poder acceder)


Se premas no enlace podes escoitar a canción dos OURENSÓNS.

martes, 9 de noviembre de 2021

Recunchos

 Nesta entrada amosámosvos diferentes formas de traballar dentro da aula. Deste xeito, ademais de xogar... aprendemos: manipulando, observando, investigando...

💓 Un pouco de lóxico-matemáticas:




💓 De lecto-escritura:




💓 No noso recuncho de creatividade:


💓 Coas tabletas:

(Empregamos diferentes xogos de lecto-escritura, de lóxico-matemáticas, de orientación espacial, de axilidade...)

jueves, 4 de noviembre de 2021

Concerto 🎵🎵🎵

Hoxe tivemos un concerto moi especial. Viñeron a visitarnos ao cole: Andrea e Fransy que pertencen á Asociación "O CASTRO"

Estivemos a pasar un rato moi entretido escoitando música tradicional galega acompañada duns instrumetos "atípicos": (cunchas, sachos, latas, botellas de anís, piñas, culleres... ademais de pandeiretas e pandeiras).

Esta actividade foi subvencionada pola ANPA.

No concerto participamos todos e todas, e ao rematar tivemos a oportunidade de poder manipular estes instrumentos tan orixinais.



MOITAS GRAZAS!!!