Hoxe tivemos un concerto moi especial. Viñeron a visitarnos ao cole: Andrea e Fransy que pertencen á Asociación "O CASTRO".
Estivemos a pasar un rato moi entretido escoitando música tradicional galega acompañada duns instrumetos "atípicos": (cunchas, sachos, latas, botellas de anís, piñas, culleres... ademais de pandeiretas e pandeiras).
Esta actividade foi subvencionada pola ANPA.
No concerto participamos todos e todas, e ao rematar tivemos a oportunidade de poder manipular estes instrumentos tan orixinais.
MOITAS GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario