Na entrada de hoxe amosamos dous experimentos que estivemos a observar na aula.
⌛ A FLOTACIÓN:
Buscamos elementos na aula para ver os obxectos que flotan e os que non.
Experimentamos... e os resultados obtidos plasmámolos en papel, non sin antes facer un repaso.
Foi moi divertido xa que xogamos a adiviñar os elementos que flotaban e os que non
e...
levamos máis dunha sorpresa!!!
- RESUMO DO APRENDIDO:
- Nesta actividade desenvolvemos a habilidade de predecir o que vai acontecer e a observación, ademais de verbalizar as nosas hipótesis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario