Na aula ampliamos información sobre o proxecto a través de vídeos de youtube e de genially.
Deixamos algún genially que atopamos na rede e que nos foi de gran axuda para aprender xogando.
🐋 Recopilación de diferentes recursos sobre o tema.
Na aula ampliamos información sobre o proxecto a través de vídeos de youtube e de genially.
Deixamos algún genially que atopamos na rede e que nos foi de gran axuda para aprender xogando.
🐋 Recopilación de diferentes recursos sobre o tema.
Recollemos toda a información recibida polo alumnado de 6º de infantil en colaboración coas súas familias.
A tarefa consistía en escoller un animal marino e buscar 5 características na casa, para posteriormente na aula, contar ao resto de compañeir@s a información acadada.
🐙 Presentación de 5 anos A:
O venres día 26 fomos de excursión á granxa escola de Belelle en Neda. Pasamos unha mañá moi divertida en plena naturaleza gozando de diferentes obradoiros: fixemos pan, demos de comer aos animais, montamos en poni...
Foi XENIAL!!!
Deixamos a reportaxe fotográfica onde inmortalizamos algúns dos momentos vividos:
nas que participamos
dentro das propostas
do equipo de EDLG
para este curso:
💙 POEMIÑOS POLAS LETRAS
Un ano máis participamos na elaboración dun poema, logo repartirase polos comercios de Miño onde se entregará a todo aquel que vaia mercar.
No caso de infantil é un traballo cooperativo de gran grupo entre toda a aula.
Este curso nas nosas aulas de 5 anos A e 5 anos B, o tema era Os océanos e os animais mariños para integrar a actividade dentro do proxecto de centro.
Primeiramente pensamos entre tod@s a poesía e escribímola:
Logo facemos un debuxo individual relacionado co poema
escollemos por votación popular os elementos que máis nos gustan
e ilustramos a poesía.
O resultado...
5 ANOS A:
5 ANOS B:
💙 MAIO GALEGO
Para achegar a música galega ao noso alumnado fixemos un mural cunha estrofa dunha canción popular que logo colgamos nas ventanas da clase.
O obxectivo: Animar a cantar a todo aquel que a lea.
5 ANOS A- canción: O PIRIMPIMPIN de Malvela.
(Deixamos vídeo recollido de youtube, por si queredes cantar.)
💙 Xornada de xogos populares.
(Colabora a ANPA)
💙Rematamos coa actuación das pandereiteiras do cole e cantamos tod@s xunt@s o himno galego.
... pechamos cun pouquiño de creatividade 😂😂😂
estiveron moi presentes
as flores
nas nosas actividades.
Para festexar OS MAIOS este ano, a primeira actividade que nos tocou facer foi:
🌷Decorar unhas flores para cubrir a alfombra da entrada, na que participamos o alumnado de infantil e primaria para dar a benvida á PRIMAVERA.
🍀 Primeiramente decoramos:
Para esta actividade empregamos ceras pastel e rotuladores.