viernes, 21 de marzo de 2025

Visitamos aos bombeiros forestais 🌳🌲💥

O mércores 19 achegámonos ata Betanzos para visitar o centro dos axentes ambientais desta localidade.

Pasamos un rato moi entretido e aprendimos moitas cousiñas que nos serven para a investigación que estamos a levar a cabo co noso proxecto de  "O BOSQUE"-

Deixamos a reportaxe fotográfica desta saída tan interesante...

💧No autobús e chegando ao noso destino:


Unha vez no noso destino, divídennos en 4 grupos e  vamos rotando por 4 escenarios diferentes onde nos van explicando ao mesmo tempo que nós, imos manipulando os obxectos de cada ambiente.
💧Equipo que empregan: Vestimenta e utensilios
💧Caixa nido para paxaros:

💧Probando a mangueira contra incendios:

💧e por último... subimos á motobomba onde falamos pola radio e tocamos a sirena:
Rematada a visita os axentes fannos entrega duns agasallos: un conto dos bolechas, unha caixa nido e uns carballos americanos para o bosque do noso cole e unha medalla de bombeiro forestal para cada un de nós.

Para rematar a xornada, acercámonos ata o parque  do PASATEMPOS para merendar e xogar un poquiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario