Estes son os nosos "primeiros pasos" como artistas.
Dentro do proxecto deste 1° trimestre: "O NOME", fixemos unha actividade de arte onde poñemos a proba a nosa creatividade e @ artista que levamos dentro.
Pasos que seguimos:
1°_ Rachamos anacos de papel de xornal e pegámolos na inicial do noso nome.
(Previamente fixemos un xogo coas iniciais onde tiñamos que escoller a letra pola que comeza o noso nome).
2°_ Elaboramos o fondo do noso cadro. Para iso empregamos diferentes cores así como diferentes materiais reciclados: rolo de papel de mans, rolo de papel hixiénico, tapóns de cortiza, bola de polispan, esponxas...
Empregando diferentes técnicas e texturas poñemos en marcha a nosa imaxinación... e o resultado desta experiencia foi o seguinte:
3°_ Xa só nos quedaba unha vez seco... pegar a letra no fondo.
E este foi o resultado final dos nosos cadros coa inicial do nome...
Benvid@s ao noso MUSEO VIRTUAL: