lunes, 30 de noviembre de 2020

Diferentes momentos...

Aprendemos diferentes conceptos xogando co EDI. Nesta ocasión estamos a traballar a observación, no xogo que aparece na imaxe hai que atopar o elemento diferente.


Diariamente estamos a fomentar a autonomía e a rutina de abotoar ao poñer e quitar o mandilón .
Pero tamén practicamos noutros momentos ao longo da mañá... 
Nesta actividade ademais de abotoar e desabrochar traballamos a discriminación de formas xeométricas.
Tamén adicamos tempo á psicomotricidade fina e a coordinación óculo-manual nesta tarefa facendo colares con distintos materiais. Na imaxe podemos ver ensartado con tapóns e con bolas de diferentes cores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario