sábado, 7 de noviembre de 2020

Motricidade fina

Traballamos: observación e concentración, así como a psicomotricidade fina.

A motricidade fina forma parte do desenvolvemento dos máis pequenos e comprende unha serie de actividades que implican: precisión, coordinación óculo-manual, forza controlada e unha boa concentración. 

O noso obxectivo é traballala para que o alumnado teña un bo dominio dela, pois é fundamental para a adquisición de determinadas habilidades e aprendizaxes posteriores como a escritura.

- Pinzas de tender a roupa: Con esta tarefa, como decimos, traballamos a observación, fortalecemos os dedos e medimos a forza para a presión (actividades previas á escritura).

- Colares: ensartamos bolas para traballar a coordinación  óculo-manual, a motricidade fina...


- Plastilina:  Esta masa axúdanos a fortalecer os músculos dos dedos a través de diferentes accións como: amasar, estirar, beliscar, facer bolas... 
Ademais aproveitamos para traballar outros conceptos como tamaño, cantidade, conteo...



No hay comentarios:

Publicar un comentario