lunes, 30 de noviembre de 2020

Cadro coa nosa inicial.

Estes son os nosos "primeiros pasos" como artistas.      

Dentro do proxecto deste 1° trimestre: "O NOME", fixemos unha actividade de arte onde poñemos a proba a nosa creatividade e @ artista que levamos dentro.

Pasos que seguimos:

1°_ Rachamos anacos de papel de xornal e pegámolos na inicial do noso nome.

(Previamente fixemos un xogo coas iniciais onde tiñamos que escoller a letra pola que comeza o noso nome).


2°_ Elaboramos o fondo do noso cadro. Para iso empregamos diferentes cores así como diferentes materiais reciclados: rolo de papel de mans, rolo de papel hixiénico, tapóns de cortiza, bola de polispan, esponxas...

Empregando diferentes técnicas e texturas poñemos en marcha a nosa imaxinación... e o resultado desta experiencia foi o seguinte:


3°_ Xa só nos quedaba unha vez seco... pegar a letra no fondo.

E este foi o resultado final  dos nosos cadros coa inicial do nome...

Benvid@s ao noso MUSEO VIRTUAL:



No hay comentarios:

Publicar un comentario