lunes, 28 de febrero de 2022
"Caminante no hay camino"
Chegou o día do desfile e...
puxémonos a andar
... para facer honor á nosa indumentaria deste ENTROIDO 2022,
nada máis e nada menos que de...
Queredes saber con que?... pois cunha chocolatada obsequio da ANPA...
jueves, 24 de febrero de 2022
Obradoiro de ANTEFACES
está adicado ao ENTROIDO
...
como non podía ser doutro xeito!
Durante a semana, no recuncho de arte realizamos un obradoiro onde estivemos a deseñar uns antefaces que nos quedaron moi apañados.
De seguido indicamos os pasos a seguir para acadar dito reto...
1- Con acuarelas dámoslle cor ao noso gusto.
2- Unha vez seco, picamos bordes e ollos.
3- Decoramos con pompóns, "troquelados", brillantes, plumas e xel de purpurina.
4- Xa só queda poñer un depresor... e listo para levar para a casa.
MECO
miércoles, 23 de febrero de 2022
Rosalía de Castro
O 23 de febreiro é unha data sinalada pois celebramos o día de Rosalía.
Este ano, queremos adicarlle a contraportada dos nosos traballos. Recortamos o seu rostro en papel de xornal e hoxe tivemos que completar a súa cara e escribir o seu nome.
- Pegando
- Completando a cara
- Escribindo
Así de orixinal quedou:
Por outra banda, estivemos a aprender unhas estrofas do seu poema "Adiós ríos, adiós fontes".
O resultado do noso traballo queda plasmado no seguinte vídeo:
E para que pasedes un anaco divertido, deixamos unhas tomas falsas...
E xa poñéndonos serios, tamén vos achegamos unha versión cantada de dito poema interpretada por ESCUCHANDO ELEFANTES...
Para rematar, participamos na actividade "O Castro Baxoi recita a Rosalía" onde saímos ao parque de Telle na Semana de Rosalía para facer poesía na rúa...
lunes, 21 de febrero de 2022
Relaxámonos creando...
Estes días estivemos a adicar un pouco de tempo á arte...
... creando con témperas e pipetas.
Sobre fondo branco estivemos a elaborar con diferentes cores o fondo para lembrar a Rosalía e que nos servirá como contraportada dos traballos deste trimestre.
Foi unha actividade moi relaxante e creativa, onde estivemos concentrados e espectantes ante o resultado final.
viernes, 18 de febrero de 2022
ENTROIDO 2022
Esperamos a vosa participación.
jueves, 17 de febrero de 2022
Hoxe toca... O SOMBREIRO!!!
Esta semana adicamos algunha sesión para preparar a vieira que posteriormente formará parte do noso sombreiro.
Primeiro pintamos con cor dourada...
Unha vez seca... picamos:
O resultado finaldo sombreiro
que formará parte
do noso disfrace ⇒