lunes, 7 de febrero de 2022

Aprendemos coas letras do CaMIÑO

Esta actividade consistía en picar as letras para o noso recuncho dos proxectos.



A priori, parece unha actividade sinxela... pero como noutras ocasións, deunos moito de si, pois non só nos centramos na psicomotricidade fina e na coordinación óculo-manual, senón que  empregamos a lóxico-matemática: contando as letras que precisamos, cantas sílabas teñen as palabras, si son palabras longas ou curtas...

e ademais tamén nos paramos na lecto-escritura averiguando que letras necesitamos para fomar CAMIÑO DE SANTIAGO, posteriormente xogamos: amosando as letras que picamos para recoñecelas e decir como se chaman, cal é o seu son, que palabras coñecemos que empecen por cada unha desas letras...


No hay comentarios:

Publicar un comentario