viernes, 11 de febrero de 2022

Preparamos o zurrón

Xa estamos a argallar o noso disfrace porque o Entroido está á volta da esquina.

Este curso, en infantil escollemos ir de peregrinos. Estando a traballar o CaMIÑO de Santiago, non podía ser doutro xeito!

Pois imos logo a amosarvos en imaxes os pasos que seguimos:
1- Para o noso zurrón reciclamos papel de xornal. Empregamos 3 follas para cada un, dobramos e pegamos.

2- Dámoslle un tono marrón cun esponxado...



3-  Decoramos a nosa cuncha de vieira particular.


4- E picamos a cuncha para poñer como broche.



Así quedou o noso traballo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario