O 23 de febreiro é unha data sinalada pois celebramos o día de Rosalía.
Este ano, queremos adicarlle a contraportada dos nosos traballos. Recortamos o seu rostro en papel de xornal e hoxe tivemos que completar a súa cara e escribir o seu nome.
- Pegando
- Completando a cara
- Escribindo
Así de orixinal quedou:
Por outra banda, estivemos a aprender unhas estrofas do seu poema "Adiós ríos, adiós fontes".
O resultado do noso traballo queda plasmado no seguinte vídeo:
E para que pasedes un anaco divertido, deixamos unhas tomas falsas...
E xa poñéndonos serios, tamén vos achegamos unha versión cantada de dito poema interpretada por ESCUCHANDO ELEFANTES...
Para rematar, participamos na actividade "O Castro Baxoi recita a Rosalía" onde saímos ao parque de Telle na Semana de Rosalía para facer poesía na rúa...
Podedes vernos actuando ante: pais, nais e demais familia... na seguinte foto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario